Axenda de campaña para o 17 de maio
A campaña está hoxe moi marcada polo Día das Letras Galegas. Relacionamos a seguir os actos programados.
BNG
-12 h, Ana Miranda estará na marcha de Vigo de Queremos Galego; 17 h, mantén unha reunión con membros da plataforma pola recuperación das termas; 20.30 h, participa no mítin central do BNG, na Praza do Seixo, con Xavier Vence.
Compromiso por Galicia
-13 h, acto da cultura, na Alameda de Vigo, con Paulo Carlos López; 20 h, mítin en Maceda con Paulo Carlos López.
AGE
-12 h, Lidia Senra estará na conocentración convocada na Porta Faxeira con motivo do Día das Letras Galegas; 17 h, mítin en A Estrada con Senra, Beiras e Yolanda Díaz, no Teatro Principal.
PSdeG
-12 h, José Blanco visita o Claustro de Celanova e ás 14 h, xanta con militantes en Muíño do Chirlo; 17 h, mítin na Alameda de Celanova; 20.15, mítin con Besteiro e Alfonso Geurra en Lugo, no auditorio municipal Gustavo Freire.
PP
-13 h, Soraya Sáenz de Santamaría e Millán Mon pasean pola Coruña, pola zona do Obelisco. Convocatoria só para gráficos, sen direito a perguntas; 16.45, mitinea con Feijóo en Ourense, no pavillón anexo ao dos Remedios; 20 h, mitin de Millán Mon en Cervo e ás 21 h en Foz.