Axenda de campaña para o 18 de maio
Segundo domingo de campaña. As formacións políticas espremen o tempo ao máximo, con mitins en sesión de mañá e de tarde.
BNG
-12 h, mitin en Monforte, con Ana Miranda e Xavier Vence, na Fraternal; 20.30 h, mitin en Allariz, no Hotel AC, con Ana Miranda e Xavier Vence.
Compromiso por Galicia.
-16.30, mitin en Vilar de Santos; 20.30 h, mitin en Cualedro. Ambos con Paulo Carlos López.
AGE
-12.30 h, mitin en Cangas, con Lidia Senra, Beiras e Yolanda Díaz, no Auditorio Municipal; 21.00, mitin en Ribadeo, na casa sindical, con Lidia Senra.
PSdeG
-12 h, acto sobre mocidade e Europa, no centro socio-cultural de Fontiñas, con José Blanco e o secretario xeral do PsdeG-PSOE, Gómez Besteiro; 14.30 h, mítin en Cambre, en Casa Pena, con José Blanco; ás 18 h, mitin en Cedeira, con José Blanco, no auditorio municipal; 20.30 h, tamén José Blanco mitinea, desta volta en Cervo, na Casa do Mar de San Cibrao.
PP
-12.30, mitin do PP en Pontevedra, no Teatro Principal, con Feijóo e Millán Mon; 17.30 h, mitin en Ferrol, no Teatro Jofre, con Feijóo e Millán Mon.