Axenda de campaña para o 22 de maio
Sprint final e nova aparición silente en campaña de Paula Prado: esta quinta feira, poderá ser fotografada en Santiago, sen dereito a perguntas.
BNG
-13 h, Ana Miranda realiza declaracións sobre emprego fronte á oficina do Inem, en Santiago; 20.30 h, mitin central do BNG, con Miranda e Xavier Vence. No Ágora.
Compromiso por Galicia
-20.30 h, mitin en Santiago, no Hotel Compostela, con Paulo Carlos López e Xoán Báscuas; 23 h: acto da MNG en Compostela.
AGE
-17 h, acto político en Chantada, con Lidia Senra, no edificio dos sindicatos, 20 h, mitin central en Chantada, no edificio do Ferro do Campus, con Beiras, Senra e Yolanda Díaz.
PSdeG-PSOE
-12.30 h, José Blanco visita a feira en Arzúa, na Rúa de Santiago; 17 h, mantén un encontro, sen dereito a perguntas en Vigo, co ex presidente do goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, e co alcalde de Vigo, na Praza da Constitución; 20 h, mitin en Ourense con Zapatero e Gómez Besteiro, no edificio politécnico do campus universitario.
PP
-17 h, continúa a xira de Feijóo fóra de Galiza, desta volta toca Euskadi. Primeira parada, visita á ponte colgante de Portugalete, na compaña da presidenta do PP basco. Só gráficos, sen dereito a perguntas; 18 h, mitin en Getxo, con Feijóo.
A axenda galega do PP é esta: Celanova, 20.30 h, mitin con Millán Mon, no claustro do mosteiro.