Vídeo no interior

Bloquea o Abalar 11 as webs do BNG e do PSOE nos centros de ensino?

Problemas para acceder á web do BNG no Abalar11 (Foto: Nós Diario).
Durante estes días o programa está a se actualizar á súa nova versión, a coñecida como Abalar 11 e, segundo puido saber 'Nós Diario', son varias as persoas usuarias que aseguran que nesta nova versión do programa bloquéase a entrada ás webs do BNG e do PSOE mentres se permite a entrada ás webs do PP e de Vox.

“O Abalar é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa na Galiza, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria”, así definen desde o Goberno galego o programa Abalar, instalado nos computadores dos centros de ensino da Galiza. Este programa censura a entrada por parte do alumando a certas webs que se consideran prohibidas como por exemplo páxinas con contido pornográfico.

Durante estes días o programa está a se actualizar á súa nova versión, a coñecida como Abalar 11, e segundo puido saber Nós Diario, son varias as persoas usuarias que aseguran que nesta nova versión do programa bloquéase a entrada ás webs do BNG e do PSOE mentres se permite a entrada ás webs do PP e de Vox.

Actualización

A día de hoxe, indican estas mesmas fontes, “non todos os ordenadores teñen esta actualización xa que é moi recente. A maioría aínda teñen a maqueta de Abalar 8”. Nós Diario tivo acceso a un vídeo que demostraría que, efectivamente, a nova versión do programa bloquea o acceso a estas páxinas webs dos dous partidos da oposición no Parlamento galego mentres se permite ás do PP e Vox.

Este xornal consultou con máis persoas usuarias que indicaron que si que podían acceder a todas as webs, se ben pode ser polo feito de estaren usando a versión antiga do programa Abalar.