BNG abandona a Comisión de Economía pola ‘’falta de respecto’’ da Xunta

Aprazou 2 das 3 preguntas d@s nacionalistas amparándose en que non podían comparecer os responsábeis.

O BNG procedeu nesta sexta feira a abandonar a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos como protesto polo que consideran unha “falla de respecto manifesta” da Xunta para co Parlamento galego. O aprazamento de 2 das tres preguntas d@s nacionalistas (unha relativa aos afectados polas preferentes e outra ao TTLC) foi o motivo do protesto.

O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, criticou que ningún representante do goberno autonómico se puxese en contacto cos nacionalistas para informar destes aprazamentos, enterándose 24 horas antes da Comisión por un escrito.

O Bloque considera que se está a “degradar” por parte da Xunta o órgano elixido pola cidadanía e que con esa actitude e comportamento “desvirtúase” a labor de control do executivo.