VALORACIóN DA PRIMEIRA METADE DE LEXISLATURA

O BNG considera o goberno galego “esgotado” e sempre pendente de Madrid

Fracisco Jorquera, portavoz parlamentar do BNG

O portavoz parlamentar nacionalista, Francisco Jorquera, incide en que o executivo non é quen de facer fronte aos principais problemas e necesidades do país.

 

 

O BNG ve “esgotado” o goberno galego malia estarmos aínda no meridiano da lexislatura. Unha valoración que a fronte nacionalista fixo por boca do seu portavoz parlamentar, Francisco Jorquera, nunha comparecencia perante a prensa para valorar esta primeira parte da lexisltura. Para Jorquera hai síntomas máis que claros de que o executivo de Núñez Feijóo non é quen de afrontar os principais problemas e necesidades do país. A principal preocupación do presidente galego, sinalou o portavoz do BNG, é “facerse un oco” en Madrid. Por iso este goberno non ten para Galiza unha “axenda propia”, dixo.

Afirmou que o Goberno de Núñez Feijóo non reclamou unha soa competencia e aceptou “sen rechistar” a continuidade dun sistema financeiro que os e as nacionalistas cualifican de ruinoso para Galiza. Ademais, denuncian, esta primeira parte da lexislatura foi de continuidade no recorte e desmantelamento dos servizos públicos, e ineficaz para combater o paro.

Prioridades

Jorquera adiantou algúns dos trazos principais da oposición e o traballo que o BNG desenvolverá no Parlamento no que fica de lexislatura: responsabilidade fiscal plena, recuperar o plan de Normalización Lingüística, cambio rotundo de políticas económicas , crear un Instituto galego de crédito, rexenerar a democracia e defender os servizos públicos, concluíu o portavoz parlamentario.