O BNG insta os deputados galegos no Congreso a urxir o debate sobre a transferencia da AP9 a Galiza

Ana Pontón (2)

A portavoz nacionalista, Ana Pontón, argumenta que o debate ten que se dar cabnto antes lembrando que a autoestrada recada 300.000 euros día das persoas usuarias.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou que remitirá unha carta a todos os deputados galegos no Congreso e aos diferentes responsables políticos, incluídos o presidente da Xunta, para intentar que o debate sobre a transferencia da Autoestrada do Atlántico (AP-9) teña lugar antes de que conclúa este período de sesións.

"Non pode esperar dous ou tres anos", afirmou Pontón, que lembrou que Audasa recada máis de 300.000 euros ao día e que, dende a súa posta en funcionamento, as contas superan os 2.400 millóns de euros. "Se ese diñeiro fose público, xa estaría en funcionamento unha rede de Proximidades", manifestou, crítica con que este "abuso continuo" é, ademais, "un lastre" para o desenvolvemento de Galicia.

“Esa transferencia sería o primeiro paso para acabar coas abusivas peaxes que converten a AP-9 nun artigo de luxo para a maioría dos galegos e galegas"·, dixo, ao tempo que expresaba a súa confianza en que “non volvamos ver a vergoña de que iniciativas aprobas polo Parlamento galego logo son votadas en contra por forzas estatais”.

Adianto electoral

En relación ao contexto electoral e de formulación de candidaturas, Pontón respondeu a preguntas dos medios que son as diferentes forzas políticas as que deben facer as súas propias escollas. Á marxe das cabezas de cartel electoral, “no BNG temos moi claro que o inimigo político, o adversario aderrotar é o PP e as súas políticas de recortes”, subliñou. Pontón indicou que na formación nacionalista “traballamos claramente coa hipótese dun adianto electoral do PP ao 26 de xuño”, -data dunha posible repetición das xerais-, e avanzou que o Consello Nacional deste 9 de abril prevé aprobar o cronograma para a elección do candidata á Presidencia da Xunta por parte da militancia.