BNG participa nos actos do 40 aniversario do Frente Polisario
O secretario de Iniciativas políticas do Bloque, Nestor Rego, participa en Tindouf nos actos de conmemoración do nacemento desta organizació
O nacionalista viaxou á República Árabe Saharaui Democrática para tomar parte dos actos de conmemoración do 40 aniversario do nacemento do Frente Polisario. Néstor Rego, trasladará ás autoridades do Sáhara Occidental o "total apoio e solidariedade" da organización frontista coa loita do pobo sahariano a prol da súa independencia.
O secretario de Iniciativas políticas do Bloque amosou a súa satisfacción antes de partir para o campo de refuxiados de Tindouf por poder participar destes actos de conmemoración nun momento en que "no Sáhara ocupado se están a producir as maiores manifestacións e protestas" contra a ocupación marroquiana.
Néstor Rego acusou ao Estado español de ser "responsábel" do conflito que atinxe o Sáhara Occidental e exixiu que dea cumprimento ás exixencias recollidas pola CEAS
Rego censurou a "sitemática vulneración dos dereitos humanos por parte de Marrocos" mais tamén a cumplicidade do Estado español e a denominada "comunidade internacional" perante unha realidade que leva "décadas", dixo, pendente de resolución.
Neste senso, o nacionalista acusou ao goberno español de ser "responsábel" do conflito que atinxe o Sáhara Occidental polo que reclamou que Madrid cumpra coas exixencias recollidas pola Coordenadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara (CEAS) en que se insta ao executivo a:
1.- Promova todas as iniciativas políticas necesarias, encamiñadas a lograr unha solución xusta e definitiva, en defensa do lexítimo dereito do pobo saharaui á súa autodeterminación, mediante un referéndum libre e regular, como paso final do proceso de descolonización inacabado.
2.- Outorgue un estatus diplomático á Representación da Frente Polisario no Estado español, como único e lexítimo representante do Pobo Saharaui, así recoñecido por la ONU.
3.- Exixa ao Gobierno do Reino de Marrocos la liberación de todos os presos políticos, o cesamento dla violación sistemática dos dereitos humanos, a anulación dos xuízoss contra cidadáns e cidadáss saharauis e o libre acceso dos observadores, prensa e organismos humanitarios ao territorio do Sahara Occidental ocupado.
4.-Promova no Consello de seguranza da ONU, a incorporación no mandato da MINURSO da potestade de salvagardar os dereitos humanos no Territorio mentres non se resolva de maneira xusta e definitiva o conflito.
5.- Intensifique e amplíe a cooperación humanitaria coa populación saharaui refuxiada, obrigación moral indiscutíbel e irrenunciábel dada a especial responsabilidade histórica na orixe do conflito.
Xunto á delegación nacionalista participarán na conmemoración no 40 aniversario do Frente Polisario delegacións diplomáticas de Cuba, Venezuela e doutras nacións sen estado como Sortu (Euskal Herria).