O BNG pide no Parlamento o cese de Samuel Juárez

Samuel Juárez

Os nacionalistas rexistraron unha proposición non de lei instando ao goberno a expresar a reprobación de Samuel Juárez e a petición do seu cese ante o Goberno central. A desproporción das cargas policiais contra os mariñeiros e a actitude d@s axentes con alcaldes e deputad@s, os motivos.

 

O BNG rexistrou unha proposición non de lei pola cal ao goberno a expresar a reprobación de Samuel Juárez e a petición do seu cese ante o Executivo central. Os nacionalistas piden amparo á Mesa do Parlamento ante o trato dispensado a alcaldes, deputad@s e representantes políticos “que se estaban a manifestar pacificamente contra o canon de Sogama” así como a agresión sufrida por unha parlamentaria do BNG “por internar mediar para evitar o uso desproporcionado da forza nunha detención”.

Os nacionalistas consideran ''intolerábel'' o trato das forzas de seguridade a alcaldes e deputad@s e o uso desproporcionado contra os mariñeiros do cerco.

O Bloque solicita investigar os feitos, depurar responsabilidades “e adoptar  medidas para que non se reproduzan no futuro” actuacións dese tipo.

Ademais, e alén da actuación das forzas se de seguridade da semana pasada, @s nacionalistas engaden a negativa do delegado do Goberno para que compareceran na Comisión de estudo de seguridade viaria os máximos responsábeis de Garda Civil de Tráfico, un “motivo máis”, dixo, para pedir a súa reprobación.