O BNG propón un 'contrato de sustantibilidade' para combater o abandono do rural galego

Unha axuda para que aquerlas persoas que viven nel e que, ademais doutras actividades, se comprometan a custodiar e presevar o territorio.

O BNG presentou esta quinta feira a súa candidatura por Lugo nun acto que contou coa cabeza da lista nacionalista por esta circunscricón, Olalla Rodil, e da portavoz nacional, Ana Pontón, que na súa intervención falou do despoboamento e avellentamento do rural como un dos problemas aos que dedemos facer fronte como país. O abandono do rural, indicou, ten múltiples consecuencias, desde a perda de sectores produtivos aos incendios, de aí a importancia por “fixar poboación”. E para ese obxectivo desde o BNG teñen claro que hai que actuar en diferentes campos, como a dotación de servizos até os prezos dignos para o leite. E enmarcada nesta dinámica, Pontón falou do “contrato sustentábel”, que cualificou como “unha axuda para aquelas persoas que vivan no rural e, ademais da actividade agraria ou a que desenvolva, se comprometen a preservar e custodiar o territorio”.

Puxo como exemplo de proxectos que pulan polo rural e benefician á veciñanza o que se desenvolve no concello de Muras, gobernado polo BNG, e polo cal o ser produtor de enerxía reverte positivamente nos recibos que pagan as e os veciños pola luz.

Cambios

Faise necesario, apuntou, “abrir un tempo novo no país” e para iso “non valen parches nin un simple cambio de xestores”, sendo necesario “cambios estruturais para que Galiza sexa dona do seu futuro” e poder deseñar políticas económicas e sociais en base aos interese e necesidades dos galegos. “Estamos nun momento ilusionante”, asegurou, “podemos abrir unha nova etapa para Galiza e o BNG será o motor do cambio político”. Unha afirmación que fixo ao tempo que apontaba que o nacionalismo ten “programa e equipo” para gobernar este país.

A cabeza de lista do BNG pola provincia de Lugo, Olaia Rodil afirmou que  o BNG representa “unha alternativa distinta á Galiza que nos deixa o Partido popular durante estes sete anos e medio”.Defendeu outro modelo de financiamento “máis xusto para Galiza” e que as persoas que vivan na Ribeira de Piquín, en Quiroga, ou en  Ancares teñan as mesmas oportunidades que as que viven na cidade de Lugo. “Queremos deixar de ollar para o noso  monte con medo” e para iso é necesaria unha ordenación territorial e unha política para o monte como recurso deixando fora o eucalipto, mobilizando  terras fronte os propietarios absentistas e sobre todo, a intervención pública para previr incendios en inverno.