O BNG urxe á Xunta a facer un Plan de aposta polo rural que palíe a perda de fondos da PAC

Os nacionalistas din que os criterios do goberno español fan perder o sector agro-gandeiro galego 308 millóns de euros. O portavoz Xavier Vence considera fundamental activar un Plan de Desenvolvemento Rural.”

Os criterios de reparto dos fondos europeos procedentes da Política Agraria Común (PAC) impostos polo goberno español, e asumidos pola Xunta”, provocan que sector agro-gandeiro galego perde 308 millóns de euros. Así o denunciou o BNG a través do seu portavoz Xavier Vence e a cabeza da candidatura ao parlamento europeo, Ana Miranda.

@s nacionalistas advirten que Galiza só vai recibir “o 3,2% do total de axudas que chegan de Bruxelas” malia que o sector galego aporta o 6% da produción agraria total e ten o 16% dos gandeiros e agricultores de todo o Estado. Por iso, o portavoz nacional considera fundamental “dinamizar o rural” e, neste sentido, reclamou á Xunta que elabore canto antes o Plan de Desenvolvemento Rural que xestionará 890 millóns de euros. Un plan pactado co sector e con todas as forzas políticas no Parlamento.

A PAC, ademais, suprime as cotas leiteiras a partir de maio de 2015, deixando sen valor o investimento realizado polos gandeiros para comprar unha cota que agora queda sen valor, na que investiron 200 millóns de euros ao longo dos últimos anos. Galiza ten 350.000 vacas leiteiras das 800.000 que hai no Estado, un 48%.

“En detrimento de Galiza”

Vence destacou que se o Estado español aplicase os criterios de Francia, “o sector leiteiro obtería o dobre de recursos cos que ten agora pola submisión de Feijóo aos criterios de Madrid que favorecen á agricultura doutras partes do Estado en detrimento de Galiza”.