ANÁLISE

A campaña dos platós televisivos madrileños

Cartaces eleitorais en Compostela

Se nunha campaña gaña quen marca o temario ou o guión da carreira poderiamos dicer sen temor a equivocarnos que o PP vai en cabeza. A campaña está a ser como lle apetecía que fose a Arriola, o gurú dos populares: fría, átona, sen moito ambiente. Unha campaña televisiva madrileña. O BNG combate iso desde a rúa.

(…)

A españolización da campaña non só a sofre Galiza, mais tamén Catalunya e Euskal Herria. Aliás, existe unha diferenza de peso. A sociedade vasca e catalá deron xerado instrumentos de comunicación propios non só no campo da imprensa escirta e dixital, mais tamén no decisivo espazo do audiovisual. Galiza está a anos luz diso e o papel que xogan os meios de titularidade pública non está nen de lonxe á altura do que se precisaría para a existencia dun espazo galego de comunicación digno de tal nome. Boa proba disto é que o único debate eleitoral de carácter nacional que se programou na TVG nesta campaña, como xa acontecera antes do 20D, foi nun horario marxinal, de tarde, non no prime time.

Sermos soubo que desde o PP galego se ten chamado a meios de comunicación audiovisuais para perguntar por que se tiña programado tal ou cal debate, se tiña moito sentido facelos. A intención do partido conservador era clara desde un principio: ir a unha campaña fría, sen tensión, e desmobilizadora, coa idea de que a súa freguesía acabaría indo a votar e que repetindo en termos absolutos os resultados do 20D conseguirían un incremento percentual (ao baixar a participación) e, consecuentemente, un aumento do número de escanos.

Trátase, pois, non de que non haxa abstencionistas, senón de que os abstencionistas sexan as outras e os outros, neste caso as persoas apoiantes das opcións progresistas.

A íntegra desta análise, unha dupla páxina, tela ao teu dispor no número 201 do semanario Sermos Galiza, que acharás nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa.