A candidatura do PSdeG á Xunta xa é so cousas de dous

Executiva PSdeG [Imaxe: @EvaMFerrol]

Gonzalo Caballero cae da carreira por non sumar os 1.100 avais necesarios. Méndez-Romeu logrou case 3.000 e Leiceaga, 2.737.

Méndez-Romeu ou Xaquín Leiceaga. Unha destas persoas será quen sexa o candidato dos socialistas para as eleccións galegas do outono, após caer da carreira Gonzalo Caballero por non reunir os avais necesarios (xuntou 840). O portavoz socialista no Parlamento e o profesor de Economía Aplicada superaron os 1.100 avais requeridos. Méndez-Romeu presentou 2.985 avais. Obtivo apoios entre a principal agrupación do PSdeG no noso país, Vigo, así como en Compostela e Costa da Morte. Leiceaga, apoiado por boa parte da Executiva do partido, logrou apoios en agupacións como a de Vilagarcía, Pontevedra, os sectores oficiais de Lugo e Ourense. Presentou 2.737 avais.

Unha vez verificados os avais, os candidatos serán proclamados formalmente o 19 de maio e a campaña interna decorrerá entre o 20 e o 27 de maio. O sábado 28 será a xornada na que decorran as votacións. Por volta de 11.000 afiliados do PSdeG teñen dereito a tomar parte nas mesmas.