Catalunya: contundente vitoria do PSC ante un independentismo que perde até 9 representantes
Con 97% dos votos contabilizados en Catalunya, o PSC sería o claro gañador das eleccións en Catalunya con 19 deputados e deputadas. O partido de Meritxell Batet conseguiría sete escanos máis dos que tiña (12) e obtería 34,5% dos votos, 15 puntos máis que hai catro anos.
A cuestión agora é saber quen será a segunda forza, en disputa entre ERC e Sumar. Ambos os partidos conseguen sete deputados mais cfon 97% dos sufraxios contabilizados o espazo de Yolanda Díaz sería a segunda forza con maior porcentaxe de votos: 14% fronte ao 13% de Esquerra, que perde máis de 9 puntos a respecto dos comicios estatais de 2019.
En Catalunya houbo unha forte caída en participación
O segundo titular da noite electoral deste 23-X é que o independentismo leva, por dicilo suavemente, un importante correctivo. Por unha parte, ERC, prosegue a perda de votos xa sufrida nas eleccións municipais e pasaría de 13 a 7 escanos.
A CUP ficaría fóra do Congreso ao non manter a representación e perderían boa parte da súa masa social ao caer de 6,35% ao 2,81%. Pola súa parte, Junts, con Míriam Nogueras á fronte, perdería un deputado e ficaría con 7.
O PP contaría con 5 deputados, tres máis que en 2019. Finalmente, Vox sumaría un total de 2 deputados cataláns, o mesmo que nas pasadas eleccións.
Os socialistas gañaron máis de 400 concellos, sobre todo as cidades do arco metropolitano de Barcelona e tamén as comarcas de Tarragona. Na provincia de Barcelona, Esquerra pasa ser a terceira forza, superada non só por PSC e Sumar mais tamén polo PP.
Nas eleccións de hai catro anos, ERC foi a forza máis votada en Catalunya con 22,56% dos votos (869.934) e 13 deputados. Logo o segundo partido en votos foi o PSC con 20,51% (790.582) e 12 deputados. Junts tivo 13,68% (527.375) e 8 deputados, os Comúns un 14,18% (546.733) e 7, e o PP hai catro anos foi a quinta forza cun 7,43% dos votos (286.302) e dous deputados, o mesmo que a CUP (243, 243, 244, 275 , 275) e Vox.