Causa Galiza abre un proceso interno de debate para fixar posición sobre as municipais

Convida a independentistas sen filiación e persoas de movementos populares a tomar parte no proceso, no cal tamén se quer tratar o significado do traballo municipal.

 

Causa Galiza anuncia no seu portal a apertura dun proceso de debate interno, mais aberto a “independentistas sen filiación” e a persoas dos movementos populares do independentismo, sobre as eleccións municipais do vindeiro ano. A Mesa Nacional elaborou esta pasada fin de semana un documento base para o debate, informe que nas vindeiras semanas será debatido nas oito asembleas comarcais da plataforma independentista.

Causa Galiza aposta con este debate en sumar opinións e voces (dos sectores próximo ao denominado ‘independentismo histórico’) de cara a fixar a postura da organización de cara ás municipais. Mais tamén quer, sinala, abrir un debate sobre a significación do traballo municipal.