Causa Galiza propón unha mobilización unitaria do soberanismo para o 25 de xullo

Cabeceira da manifestación de Causa Galiza

A formación independentista convida BNG e Nós-UP a iniciar contactos para que o Día da Patria Compostela acolla unha manifestación unitaria “sob o formato máis ajeitado’’.

 

Causa Galiza aposta en que este 25 de xullo haxa unha mobilización unitaria do soberanismo, unha manifestación conxunta na que tomen parte os sectores “sociais, políticos e sindicais” que acrediten na “auto-organizaçom” e no “dereito á auto-determinaçom e indepéndencia”. A Mesa Nacional de CG remitiu a BNG e Nós-Unidade Popular unha carta convidando a iniciar conversas para avaliar a posibilidade dunha mobilización unitaria para o Día da Patria deste ano.

A formación independentista afirma ser “consciente” das diferenzas entre as organizacións, tanto no que atinxe á focaxe como no relativo ao seu peso social, político e institucional. Mais acredita que nun escenario de “debilitamento do projecto nacional” e de ascenso de “opcións” en chave española, o aconsellábel é traballar por “unha unidade de acción en defensa do país” sempre que “esta for posível”.

CG non pon sobre a mesa propostas de formatos de mobilización para o 25 de xullo, apontando que esta cuestión de se tratar será só se hai vontade por parte das forzas emprazadas de partillar unha mobilización unitaria, momento no que se abordará o tema.