Causa Galiza chama a ‘’respostar como pobo’’ o paso de 'La Vuelta' por Galiza

A organización apela a unha dinámica “ampla, popular, descentralizada e participativa de rexeitamento e boicote á presenza de La Vuelta a España’’ no noso país.

O paso por Galiza de varias etapas de ‘La Vuelta a España’ é para Causa Galiza unha “provocación” dun Estado que nega a Galiza como nación e procura “liquidar a nosa identidade nacional”. Por iso, a organización independentista considera que La Vuelta debe ser rexeitada ao seu paso polo país, aproveitando para proxectar que “hai un conflito político en Galiza”. CG critica que, aliás da españolización, supón un esbanxamento de recursos. “A Junta da Galiza, que afoga economicamente o desporto galego de base, destinará nesta ocasiom 290.000 euros para La Vuelta em concepto de “promoçom da imagem da Galiza”. Assim, a exaltaçom da “espanholidade” do país converge com a proibiçom do concurso de seleçons oficiais galegas em provas internacionais, o esganamento institucional ao desporto popular e a venda da Galiza como objeto de consumo turístico”.

Causa Galiza considera que o paso La Vuelta pode ser unha oportunidade para a unidade de acción d@s soberanistas nunha dinámica “ampla, popular, descentralizada eparticipativa” para amosar o rexeitamento ao paso da proba por Galiza.. Exhibición de bandeiras nacionalistas, “inzar os percorridos coa lexenda Galiza non é España”, presentar mocións municipais contra a proba...son algunhas das actuacións propostas por CG para realizar neses días.