Chelo Martínez critica a Beiras e non descarta alianzas de Cerna co BNG

Chelo

A deputada que deixa AGE considera “penoso” que os líderes de Anova pidan “perdón” por levala na lista e abre a porta a coalicións entre forzas nacionalistas.

 

Chelo Martínez considera "penoso" que os dous portavoces de Anova, Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, pidan "perdón" por tela levado na candidatura de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), formación pola que foi elixida a deputada, que agora pasará ao Grupo Mixto após de que Cerna, a corrente da que fai parte, deixase Anova. "Non son ningunha delincuente, non son Bárcenas, non estou metida en ningún caso de corrupción, simplemente opino distinto", resolveu Martínez, nunha entrevista en Radio Nacional de España. 

"Non son Bárcenas, non estou metida en ningún caso de corrupción", afirma a deputada

Ademais, a deputada (que se sentiu dentro de AGE “estigmatizada con pouca elegancia”) falou dunha posíbel alianza de Cerna co BNG para as municipais, acordo que non descartou ao referirse a "alianzas puntuais". "Dentro do nacionalismo galego coincidimos moito", admitiu, aínda que pediu que “as cúpulas cedan o control das organizacións”.