Resultados provisionais
Co 98% escrutado, PP 41, En Marea 14, PSdeG 14 e o BNG 6
25 de setembro de 2016 (23:11 h.)
[EN ACTUALIZACIÓN] Co 98% das papeletas escrutadas, o PP acada de maneira folgada a maioría absoluta ao se facer con 41 escanos. En Marea logra 14 e o PSdeG logra 14 escanos, mentres que o BNG obtén 6.
Cando están escrutadas o 98% das papeletas no conxunto do país, os resultados son os seguintes:
PP: 41 (13 pola Coruña, 8 por Lugo, 9 por Ourense e 11 por Pontevedra)
En Marea: 14 (5 pola Coruña, 2 por Lugo, 2 por Ourense, 5 por Pontevedra)
PSdeG: 14 (5 pola Coruña, 3 por Lugo, 2 por Ourense, 4 por Pontevedra)
BNG: 6 (2 pola Coruña, 1 por Lugo, 2 por Pontevedra e 1 por Ourense)