Galiza é nesta fin de semana o epicentro do debate soberanista que percorre Europa

Un total de 40 organizacións políticas que integran a Alianza Libre Europea (ALE) realizan esta fin de semana en Compostela, co BNG como anfitrión, a XII Asemblea Xeral baixo o lema 'Tempo de autodeterminación'.

Unha fronteira non pode deter os anceios dun pobo de xustiza social. Una máxima que alicerza as bases sobre as que se asenta a XII asemblea de ALE, que reúne a 40 organizacións na capital de Galiza.

Máis de 40 organizacións da ALE representan a diversidade nacional, lingüística e a loita polos dereitos dos pobos na Eurocámara, entre eles Aralar, EA, ERC, Bloc Nacionalista Valenciá, PSM-Entesa, Nova Canarias e do Partido Andalucista, dentro do Estado español. Partido Nacionalista Escocés (SNP), Partido Nacionalista de Flandes (N-VA), e do Partido de Gales (Plaid Cyrum) entre outros, até un total de 150 representantes que se darán cita en Galiza.

Mocidades

A XII Asemblea Xeral da ALE realízase conxuntamente coa asemblea das organizacións da mocidade da ALE, con Galiza Nova como anfitrioa, e das fundacións das formacións políticas, neste caso baixo a organización da Fundación Galiza Sempre. O encerramento da asemblea correrá a cargo de Camilo Nogueira, membro honorario da ALE e eurodeputado do BNG entre 1999-2004