Compromiso por Galicia celebra este sábado o seu 'Día do Partido'

Compromiso no mercado de Padron

A cita será o sábado 12 de setembro en Lalín. “É un acto de reivindicación para todos os que sintan como propios os valores galeguistas”.

A Praza da Igrexa de Lalín acollerá este sábado, 12 de setembro, a primeira edición do 'Día do Compromiso Galego', un acto de CxG que non deixa de lembrar ao 'Alderdi Eguna' dos seus socios europeos, o PNV-EAJ. “É un acto de reivindicación para a afiliación, simpatizantes e toda a cidadanía que se queira achegar, e que sinta como propios os valores galeguistas”, manifestou Xoán Bascuas, secretario xeral de CxG.

O 'Día do Compromiso Galego' nace con intención de se facer todos os anos. “É un acto que terá carácter anual, un día do partido pero aberto á cidadanía, e realizarase en Lalín, para nós xa un lugar simbólico, amosando que somos alternativa real, que pon a acción de goberno ao servizo da xente, como está facendo Rafa”, dixo en referencia ao alcalde lalinense.

Así, neste día querese reivindicar o recoñemento de Galicia como nación no IX Congreso de Nacionalidades Europeas celebrado entre o 16 e 18 de setembro de 1933. Un acto onde intervirán o Alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e o Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas.