Compromiso valora como “moi positiva” a xuntanza con EU para a candidatura galega

Convención municipal Compromiso

Nas vindeiras semanas haberá novos contactos. CxG di que na candidatura debe “caber todo o mundo” que defenda un cambio e grupo parlamentar propio.

“Moi positiva e nun moi ambiente”. Eis a valoración que Compromiso por Galicia fai da xuntanza que mantivo con Esquerda Unida para falar da posibilidade dunha candidatura galega ás eleccións xerais. CxG transmitiu a súa opinión favorábel a que “as organizacións políticas temos que ser motores auxiliares” neste proceso. Para a formación galeguista nesta iniciativa “colle todo o mundo que queira un cambio político e institucional no Estado, cunha visión galega, cun grupo parlamentario propio”. Nesta liña, desde Compromiso sinalan que ““para construír unha proposta con eixo de actuación en Galicia, Esquerda Unida é un actor fundamental”.

A delegación de CxG estivo formada polos membros da Executiva Nacional Rafael Cuíña, Manuel González e Zeltia Martínez e a de Esquerda Unida por Yolanda Díaz e Rubén Pérez. Nas vindeiras semanas haberá novas reunións.