Conta atrás para as eleccións do 26-X

Felipe VI asinará esa terza feira o decreto de disolución das Cortes e convocatoria de novas eleccións, activando os prazos dispostos na Lei orgánica de rexime electoral. As forzas políicas terán até o 13 de maio para formar coligazóns e até o 23 para as listas.

Ás 00:00 horas desa segunda feira finaliza o prazo establecido para a investidura dun presidente saído das urnas das eleccións do pasado 20 de decembro, hai máis de catro meses. Oito semanas nas que non se foi quen de chegar a un acordo de investidura con apoio de abondo para saír triunfante. Por iso, esa terza feira Felipe VI e o presidente do Congreso, Patxi López, asinarán o decreto polo que se disolven as Cortes e se convocan novos comicios xerais.

Esa mesma terza o decreto publícase no Boletín Oficial do Esado (BOE), activando así a conta atrás electoral, que ten uns prazos ben definidos na propia Loreg, a Lei orgánica de réxime electoral. Por diante, 54 días para activar todo o proceso (censo, xuntas electorais...).

A primeira data marcada no calendario é o 13 de maio, último día para que os partidos e forzas que decidan ir en coligazón llo comuniquen ás xuntas electorais. O 23 dese mes acaba o prazo para a presentación de candidaturas, que serán publicadas no BOE do día 25, abrindo prazo para subsanar erros. O 31 de maio publicaranse definitivamene as candidaturas. Dous días antes, o 28, é o úlimo día para pedir o voto dos residentes no estranxeiro.

O 10 de xuño dará comezo a campaña electoral e o 26 dese mes decorrerán as eleccións. Previsibelmente o 20 de xullo terá lugar a constitución das novas Cores españolas.