CxG convoca primarias abertas para escoller @ cabeza de lista ás europeas

[Imaxe: CxG]

Poderá candidatarse calquera afiliad@ ou simpatizante que figure no censo eleitoral e que conte cun aval mínimo doutr@s dez afiliad@s. O prazo durará sete días e enceta o 26 de febreiro.


Compromiso por Galicia convocou un proceso de primarias abertas para escoller a persoa que encabezará a candidatura que a formación galeguista vai presentar ás eleccións europeas do vindeiro 25 de Maio.

Así o decidiu o Consello político nacional co obxectivo de "fomentar a participación e ser un partido non só patrimonio da súa afiliación senón tamén do conxunto da cidadanía", subliñou o secretario xeral, Xoán Bascuas. 

Así as cousas, o regulamento do proceso aberto recolle que poderá ser candidato a encabezar a candidatura de CxG ás eleccións europeas calquera afiliad@ ou simpatizante que figure no censo eleitoral e que conte cun aval mínimo doutr@s dez afiliad@s.

O prazo de presentación de candidaturas abrirase o 26 de febreiro e durará sete días. O periodo hábil para votar --o único requisito e ter os 16 anos cumpridos-- vai do 8 até o 22 de marzo.