Defensa aproveita o derradeiro día de 2013 para gastar 49 millóns en 8 helicópteros

ministerio defensa

O Ministerio español licita a fabricación e suministro de oito aeronaves lixeiras para o exército español en case 50 millóns de euros. Os Orzamentos do Estado para Defensa consignados en 2013 rondaron os 7.500 millóns de euros. 

O derradeiro Boletín Oficial do Estado de 2013 publicaba un anuncio do Ministerio de Defensa español polo cal se informaba de que este departamento licitaba nun orzamento base de 49 millóns de euros a fabricación e servizo de oito helicópteros lixeiros de ensino EC-135.T2 PLUS.

Esta aeronave non é descoñecida no Estado español. O exército ten varios deles e mesmo o Ministerio de Interior encargou no seu momento a compra de 51 destes helicópteros para as Forzas de Seguridade do Estado.

Nos Orzamentos xerais do Estado para 2013 consignáronse perto de 6.000 millóns de euros para o Ministerio de Defensa. Mais o goberno aprobou, a maiores, ao longo dese ano dúas partidas extraordinarias por valor de 1.500 millóns de euros para ese departamento.