O delegado do Goberno admite "problemas" en servizos ferroviarios na Galiza: “Hai unha demanda intensiva”
Pedro Branco apela ao "reforzo de medios materiais"
O delegado do Goberno estatal na Galiza, Pedro Branco, admitiu "problemas" no servizo ferroviario, mais apelou ao "reforzo de medios materiais" no que traballa, segundo manifestou, o Executivo español para solucionar as incidencias que se rexistran.
Así o asegurou, a preguntas dos xornalistas nunha visita ao IES Rosalía Mera, despois de que unha incidencia na infraestrutura que xestiona Adif na Coruña afectase varios trens á primeira hora desta terza feira e xerase atrasos.
En concreto, a incidencia afectou dous 'Avant' que saían da Coruña cara á Ourense e ao primeiro servizo de media distancia entre A Coruña e Vigo.
Sobre estes feitos e outras denuncias na mesma liña, o delegado do Goberno manifestou que mantivo xa reunións con usuarios de media distancia deste servizo ferroviario, á vez que admitiu "problemas" que vinculou co "uso intensivo dun medio de transporte público e bonificado".
"É un dos problemas que está a haber, unha demanda intensiva", indicou para asegurar, con todo, que o Goberno estatal está "centrado" en materia de infraestruturas.
"Fixéronse proxectos que estaban no caixón, que se están desempoando e parte deses problemas poderán estar casei solucionados no primeiro trimestre do ano", sinalou sobre os trens Avril e as datas manexadas polo Ministerio de Transportes respecto a a súa chegada.