A VíDEO-COLUMNA DE XOSé MEXUTO

Os dous roteiros de Rajoy para reter o poder

Xosé Mexuto

Os estrategas da Moncloa manexan dous cenarios distintos que resultarían na continuidade de Rajoy na Moncloa.

Contra prognóstico, Rajoy mantense vivo na carreira por continuar en política en primeiro plano. Non só iso, senón que a actual situación política -marcada polo cisma entre PSOE e Podemos no flanco esquerdo do taboleiro- lle outorga non poucas opcións de continuar a ser o inquilino da Moncloa durante os próximos catro anos, despois da convocatoria de novas eleccións para o 26 de xuño.

Sobre este asunto reflicte brevemente na súa nova achega á Rede Galega de Vídeo-Clubes o director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto.