A Consellería de Economía repartiu de maio a agosto 230.000 euros en convenios cos medios de comunicación

Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria

O BNG cualifica a cantidade de “obscena” nun país mergullado nun proceso de desindustrialización.

 

O BNG rexistrou no parlamento galego unha pregunta para a súa resposta escrita relativa aos convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria con medios de comunicación no segundo cuadrimestre do presente ano 2014.

As deputadas nacionalistas Carme Adán e Tereixa Paz afirman no escrito rexistrado que a resolución do 20 de setembro de 2014 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria “dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta Consellería no segundo cuadrimestre do ano 2014”. Segundo esta resolución a Consellaría de Economía e Industria estableceu convenios cos medios de comunicación neste cuadrimestre por valor de 230.000 euros, o que para o grupo parlamentar do BNG “é unha cantidade obscena e desorbitada o un país que vive un momento de des-industralización crecente”.

Este tipo de manobras non son sorprendentes na Xunta de Feijóo. Cómpre lembrar que entre xaneiro e abril de 2014 repartiu a dedo entre os medios máis de 911.000 euros