O edil popular Luis Alamancos rompe a disciplina de voto, tomba os orzamentos e deixa o Goberno de Noia en minoría

Alamancos renunciou ás súas competencias e deixou o grupo municipal do PP.
Luis Alamancos. (Foto: Gabigago / COFC)
photo_camera Luis Alamancos. (Foto: Gabigago / COFC)

O concelleiro do PP en Noia Luis Alamancos, coñecido polas súas colaboracións co famoso programa de televisión Cuarto Milenio, rompeu esta quinta feira a disciplina de voto do seu grupo e tombou, xunto cos votos das formacións da oposición (PSOE, BNG e Marea Cidadá), a aprobación definitiva dos orzamentos da localidade noiesa.

O voto en contra de Luis Alamancos, até o de agora concelleiro responsábel das áreas de Seguridade Cidadá e Persoal do Concello, non só tombou as contras, senón que pon o Executivo liderado de PP e Noieses Independentes Agrupados en minoría.

Tras unha decisión que foi cualificada de “sorprendente” polo alcalde da localidade, Santiago Freire, Alamancos renunciou ás súas competencias e deixou o grupo municipal do PP. Así, ao rematar o pleno, solicitou pasar ao grupo de concelleiras e concelleiros non adscritos, que estará integrado só por el.

Comentarios