Eleccións Galiza 5A: Prazos e requisitos para o voto por correo
As eleccións ao Parlamento Galego do 5 de Abril están ao caer, pero se non estás ese día na Galiza, podes pedir o voto por correo para exercer o teu dereito. Consulta os prazos para solicitalo e envialo correctamente.
Se non podes ir votar o vindeiro 5 de Abril, xa podes pedir o voto por correo. De feito, desde o pasado 11 de febreiro pódese pedir en calqueira oficina de Correos, tendo un prazo determinado para solicitalo e para enviar o voto.
Os prazos para solicitalo poden variar dependendo de se resides no estranxeiro ou estás temporalmente nun país. Estes son os prazos para votar por correo tanto desde o Estado español como desde calqueira outro país.
Se resides no territorio nacional
Se o 5 de Abril estás noEstado español pero non na Galiza, o procedemento que hai que seguir para solicitar o voto é o seguinte:
Pedir o voto
Hai dúas maneiras de pedir o voto por correo, sempre contando con que o límite é o 26 de marzo.
- Facelo de maneira presencial en calqueira oficina de Correos.
- Facelo online a través deste enlace, imprimir a solicitude e presentala directamente en Correos
Entrega da documentación
O colexio electoral envía por correo certificado toda a documentación necesaria ás e aos electores que pedirán o voto. Este envío realizarase entre o 16 e o 29 de marzo.
Envío do voto
Desde que as e os electores reciben toda a documentación, existe un prazo cuxa data límite é o 1 de abril, para acudir a Correos a enviar o voto.
Se vives no estranxeiro
Se resides actualmente no estranxeiro e queres solicitar o voto por correo para as eleccións galegas do 5A, terás que seguir os seguintes pasos:
Estar inscrito no CERA
Pedir o voto
- A través deste enlace do INE
- Por correo postal na oficina do Censo Electoral correspondente
Entrega da documentación
- Datas: até o 16 de marzo se non hai impugnación de candidaturas e até o 24 no caso de que si.
Envío do voto
- Remitindo o voto á Oficina Consular: Entre o 11 e o 31 de marzo
- Votando na urna da Oficina Consular: Entre o 1 e o 3 de abril
Se estás temporalmente no estranxeiro
Pedir o voto
O voto se estás temporalmente no estranxeiro ten un prazo que vai dende o 11 de febreiro até o 7 de marzo.
- Nalgunha das oficinas Consulares
- A través do seguinte enlace do Ministerio de Exteriores
Entrega da documentación
- Datas: até o 16 de marzo se non hai impugnación de candidaturas e até o 24 no caso de que si.
Envío do voto
- Mediante correo certificado até o 1 de abril
Eleccións 2020 Parlamento da Galiza
Sexa cal sexa a túa situación actual, se queres votar por correo nas próximas eleccións galegas poderás facelo desta forma.
Se no caso contrario, non tes ningún impedimento para ir votar o próximo 5 de abril, poderás ir votar a túa mesa electoral correspondente.
Para facilitar o coñecemento da mesa electoral que che corresponde, a Oficina do Censo Electoral enviará un cartón censal cos datos actualizados da inscrición no Censo electoral e da sección e mesa na que lle corresponde votar a cada persoa.