Emprazan o goberno que saia do 25S a crear unha Subdirección xeral de Protección Animal

Libera e a Fondation Franz Weber fan esta proposta ás formacións que concorren nestas eleccións.

A asociación animalista Libera e a Fondation Franz Weber emprazan ás formacións que concorren nas eleccións do 25 de setembro a asumir a creación dunha Subdirección xeral de Portección Animal para o goberno que se conforme a raíz deses comicios. Desta forma, estes colectivos animalistas poñen sobre a mesa a creación por primeira vez na historia do goberno galego deste departamento.

A finalidade do mesmo sría dotar de estrtutura técnica propia ás políticas de tenza, protección e defensa dos animais domésticos e salvaxes en cautividade que se poidan impulsar durante os vindeiros 4 anos.

Por outra parte, Libera informa que o Concello de Valdoviño convertiuse no número 49 en Galiza en se declarar libre de circos con animais após se aprobar a proposta presentada polo BNG. Neste case medio cento de municipios de Galiza reside o 52% da poboación do noso país.