Unha enquisa apunta a unha xigantesca perda de votos do PP nas eleccións xerais

Feijóo e Rajoy

O diario madrileño El País publica un inquérito a nivel estatal que sitúa ao partido gobernante en só un 15 por cento de apoios, sobre o censo total, e confirma o ascenso de Podemos. Non ofrece datos sobre formacións soberanistas.

O electorado do PP non está contento, e marcha. Así o indica unha enquisa que publicou este domingo o diario madrileño El País, que sobre datos estatais do total do censo apunta á perda de case a metade dos sufraxios do partido de Mariano Rajoy, así como sinala unha pequena recuperación do PSOE de Pedro Sánchez -moi achegado á dirección do xornal- e confirma o fenómeno Podemos. O traballo estadístico non achega datos sobre formacións sen implantación en todo o Estado, como as soberanistas (ERC, Bildu, BNG...).

O inquérito asegura que o PP só acadaría o 15,9 por cento dos votos do censo; por un 20,7 d@s socialistas; un 14,3 de Podemos (case á par que @s populares); un 6,2 de Izquierda Unida e un 4,0 de UPyD.

A enquisa confirma o decaemento do bipartidismo, que apenas alcanzaría o 36 por cento do total do censo, e iso nun estudo publicado por un medio que sempre defendeu ese modelo e que teima na suposta recuperación do PSOE, nada clara noutros análises.