Eleccións Europeas 9-X

Sociométrica: o PP gañaría as europeas con 34,5% dos votos, case seis puntos por diante do PSOE

Papeletas nun colexio electoral, este domingo. (Foto: Arxina)
Agora Repúblicas ficaría no 4,2% e obtería entre dous e tres asentos.

O Partido Popular gañaría as eleccións europeas deste domingo no Estado español, con 34,5% dos votos, e obtería entre 23 e 25 escanos, situándose 5,8 puntos por diante do PSOE, que obtería o 28,7% e de 19 a 20 escanos, segundo a sondaxe a pé de urna elaborada por Sociométrica para El Español.

Así, Vox sería a terceira forza política con 10,5% dos votos e obtería entre 6 e 7 escanos, por diante de Sumar, que obtería 6,3% e entre 3 e 4 escanos. Por detrás situaríase Agora Repúblicas, a coalición formada por ERC, EH Bildu, BNG e Ara Més, que empataría con Podemos obtendo ambas as formacións 4,2% das papeletas e entre 2 e 3 escanos.

Por outra parte, o partido do ultradereitista Alvise Pérez, Se Acabó La Fiesta (SALF), conseguiría 2,9% obtendo entre 1 e 2 escanos, seguido de Junts, o partido de Carles Puigdemont, que tería 2,3% dos votos e un escano.

Finalmente, a coalición CEUS, encabezada por PNV e Coalición Canaria, obtería 1,4% e entre 0 e 1 escanos, mentres que Ciudadanos quedaría sen escanos conseguindo só 1% dos votos.