Feijóo declara nunha nova comparecencia en Madrid que pactar “está no ADN do PP’’

O presidente da Xunta asistiu a un almorzo informativo na capital do Estado para presentar un acto do mandatario estremeño, José A. Monago.

Máis unha vez Núñez Feijóo en Madrid e non para exercer como presidente da Xunta senón como alto cargo do Partido Popular. Desta vez para presentar unha conferencia do mandatario extremeño, José Antonio Monagono Nova Economía Forum. “O pacto está no noso ADN e a exclusión, no dos outros”, afirmou Feijóo.

O presidente do PPdG asegurou que partilla co estremeño moitas ideas sobre que deben ser os partidos e a política e unha idea de España “desde dous territorios diferentes”. “Gobernamos 2 comunidades dunha nación diversa que require adaptarse ao terreo, o que non entenden quen pretende manexalo como un laboratorio da Complutense ou desde unha central en Barcelona”, en referencia a Podemos e a Ciudadanos.

Feijóo declarou que o que se está a vivir no panorama político é a “disxuntiva” entre o discurso “amigos-inimigos” fronte ao da “rexeneración, reforma e reconstrución”.