SESIóN DE CONTROL AO PRESIDENTE

Feijóo pon o cumprimento da Constitución como mellor forma de defender Galiza

Alberto Núñez Feijóo

O BNG reprochoulle ao presidente que non exercese as súas competencias e responsabilidades para valer os intereses do país e este respondeulle criticando que se “alíen con CUP e Bildu”.

A mellor forma de defender Galiza, os seus sectores produtivos e intereses é cumprir a Constitución española e o estatuto. Así o afirmou Núñez Feijóo duranta e sesión de control ao presidente no Parlamento para responder ao BNG, que lle reprochaba o seu “silencio” cando tocaba facer valer o país. “Para defender Galiza, o primeiro é gobernar, e gobernar é cumprir a constitución española e a consitución galega, que é o estatuto”, dixo o presidente da Xunta para a seguir recriminarlle ao Bloque estar en contra de ambas 'constitucións' e, ademais, “aliarse coa CUP e Bildu”.

O portavoz nacionalista na Cámara, Francisco Jorquera, dixo que Feijóo só se preocupaba “de que outros defendesen os seus dereitos” [en referencia ás críticas do mandatario galego ao proceso catalán] “mais fai deixadez da defensa dos dereitos de Galiza”. Desde que é presidente, lembroulle Jorquera, “non conqueriu nin unha soa competencia para o país” alén de “non exercer as que ten, como se amosou na crise do leite”. Embora ter a Xunta competencias exclusivas en agricultura “vostede, señor Feijóo, limitouse a dicir amén ao que dixeran en Madrid”. Máis un exemplo, prosegiu Jorquera, de que “o país está en venda por parcelas e Feijóo calado”. O presidente galego acusou o BNG de “querer traer a Galiza o problema que os cataáns rexeitaron nas urnas” e aproveitou para dicir que “España é unha nación de 500 anos”.

Sanidade pública

Na quenda de AGE, Yolanda Díaz preguntoulle pola situación da sanidade galega, facendo fincapé no “caos” que se evidenciou no novo hospital de Vigo. Díaz denunciou os recortes que a Xunta fixo nestes anos na sanidade pública (“somos o terceiro territorio no Estado en privatizar na sanidade”). Feijóo afirmou que o novo hospital de Vigo “é un orgullo da sanidade pública”.

De por parte, o portavoz parlamentar do PsdeG, Méndez Romeu, centro a súa pregunta ao presidente en facer un repaso da situación de recortes que se produciron no gasto social da Xunta e nas consecuencias desas decisións. Feijóo defendeu a actuación do goberno neste eido e asegurou que u dos principais obxectivos é “blindar e mellorar os servizos públicos”.