O gasto “extraordinario” do Ministerio de Defensa
En virtude de dúas sentenzas do Tribunal Constitucional, o Goberno central ten que incluír nos orzamentos perto de 900 millóns anuais para pagar os Programas Especiais de Armamento (PEAS) impulsados por Aznar e prolongados por Zapatero. A factura atinxe, en total, 14.000 millóns de euros. Desvelamos a "enxeñaría orzamentaria" de Defensa, un ministerio con contas opacas.
Hai uns anos, na crónica política española era frecuente dar co argumento de que a recesión económica reduciu substancialmente o orzamento do Ministerio de Defensa. Falábase de perto dun 30% a respeito dos niveis pre-crise e das “nefastas consecuencias” que esta situación tería para a “seguridade nacional” e as relacións internacionais do Reino. Porén, nesa realidade dos números, que é tamén susceptíbel de manipulación e retorcedura, os mesmos lobbies mediáticos obviaban intencionadamente un feito: estábase comezando a pagar a factura dos Programas Especiais de Armamento, isto é, os PEAS, contratados inicialmente polo Goberno de Aznar e asumidos e mesmo prolongados parcialmente polo de Rodríguez Zapatero.
[Toda a información sobre este asunto no Sermos Galiza 228, xa á venda xa nos quiosques ou na loxa]