Relacionado cos “Papeis de Panamá”

O Goberno español quere recolocar o ex ministro de Industria no Banco Mundial

O Banco Mundial é o destino máis factíbel para o ex ministro español de Industria, José Manuel Soria, quen se vira na obriga de apresentar a súa demisión após verse relacionado co escándalo dos “Papeis de Panamá”. O Goberno do PP propono como candidato español dos 25 de varios países que optan a ocupar a cadeira.

jose manuel soria
photo_camera José Manuel Soria

Uns minutos após a segunda votación do debate de investidura no Congreso, o Ministerio de Economía daba a coñecer o nome do candidato español a ocupar unha cadeira na dirección executiva do Bando Mundial para o período entre o 1 de novembro e o 31 de outubro de 2018: José Manuel Soria.

O candidato proposto polo Goberno español tivo que demitir como ministro de Industria por verse implicado na polémica dos “Papeis de Panamá”. Na documentación, Soria aparecía como administrador dunha sociedade rexistrada na illa de Jersey, un paraíso fiscal. Aliás, esa sociedade, Mechanical Trading Limited, era accionista maioritaria, cun 80%, de Oceanic Lines, unha empresa na que Soria recoñeceu ocupar o cargo de presidente.

Comentarios