O Goberno négase a facer públicos os gastos do anterior rei no Golfo Pérsico

Juan Carlos de Borbón

O Executivo central non ofrece os datos sobre as viaxes que fixo nos últimos días do seu reinado acompañado de importantes empresarios, aos que ofreceu os seus contactos para pechar negocios.

O Goberno central négase a detallar o número de viaxes oficiais que levou a cabo El-Rei Juan Carlos I nos seus últimos meses de reinado, incluíndo a xira polo Golfo Pérsico, nin aclara que responsábeis públicos acompañárono en cada un deles e canto custaron aqueles nos que tamén participaron importantes empresarios, uns datos que lle reclamou no Congreso IU.

Nesas viaxes, o anterior monarca usou os seus contactos, segundo se publicou na prensa máis partidaria da monarquía española, para facilitar grandes acordos económicos para as empresas do Ibex-35, algo que xa lle custou críticas no seu momento e que agora o Goberno négase a explicar, malia que poderían terse usado importantes cartos públicos para esa operación.