Gonzalo Caballero, en cabeza após a recolla dos avais
O primeiro test das primarias do PSdeG, a recolla dos avais, ten un vencedor momentáneo, á espera de que as asinaturas sexan verificadas pola organización. Gonzalo Caballero conseguiu o apoio de por volta de 2.600 militantes, o que o coloca por diante de Xoaquín Fernández Leiceaga (arredor de 2.300) e Juan Díaz Villoslada (sobre 2.200).
Economista. Sobriño e inimigo íntimo do alcalde de Vigo. Tertuliano no seu momento de Voz Televisión. E neste momento máximo favorito a gañar as primarias do PSdeG, após superar en cabeza a primeira peneira do torneo de precandidatos (xa candidatos ao superar o mínimo de asinaturas exixido). Gonzalo Caballero rexistou esta cuarta feira na sede do PSdeG arredor de 2.600 avais. Con 300 menos chegou a esta meta parcial da carreira Xoaquín Fernández Leiceaga, en tanto que Juan Díaz Villoslada ficou en terceira praza con por volta de 2.200.