Gonzalo Caballero coloca unha dirixente afín á fronte do PSOE coruñés

Declaracións de Gonzalo Caballero no Parlamento galego.

Unha soa lista optará a dirixir o PSdeG da Coruña. Encabézaa Eva Martínez, afín ao novo secretario xeral Gonzalo Caballero, e será sometida ao ditado da militancia hoxe sábado. Martínez substituirá a veterana dirixente coruñesa Mar Barcón.
 

Martínez integrou na súa lista aos militantes máis achegados a Barcón. Juan Ignacio Borrego será, en virtude deste acordo, vicesecretario xeral da agrupación socialista local. Dúas das tres correntes que aspiraban a dirixir o partido na cidade figurarán nos seus órganos de dirección. O ex concelleiro Jesús Fernández queda fóra do pacto.

 

Logo de décadas á fronte do Concello da Coruña -con Francisco Vázquez e Javier Losada- o PSOE perdeu a alcaldía en 2011. O PP, con Carlos Negreira, gobernou durante un mandato. En 2015, a Marea Atlántica de Xulio Ferreiro fíxose co Goberno local.

 

As difíciles relacións -moi tensas mentres Mar Barcón liderou o PSOE local- entre a confluencia de esquerda e o Partido Socialista son unha das chaves da política municipal coruñesa.