Gonzalo Caballero promete recuperar a gratuidade dos libros texto
En declaracións en Pontevedra, nunha xornada na que realiza varios actos de precampaña de cara ao 5-A, Caballero mostrou o seu "compromiso claro" coa educación pública, e asegurou que as medidas que propón son "factíbeis" e contan cuns custos que están "expostos" e serán viables nos Orzamentos da Xunta.
O candidato socialista avoga pola "potenciación" da rede de escolas infantís, mentres valora o "avance" que supuxo no seu día a gratuidade dos libros de texto co Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño. Como censurou, as políticas de Feixoo en materia educativa supuxeron "un retroceso".
Ademais, a cabeza de lista polo PSdeG manifestou a súa aposta na FP Dual, a primeira matrícula gratuíta nos graos do sistema universitario galego e nun sistema de fondos propios de bolsas par os másteres.
Tamén propón "impulsar" prazas de comedor nos centros co fin de "facilitar a conciliación; unha medida, sinala, que vai no camiño de defender "máis dereitos" para as mulleres, a través da "liberdade e igualdade real".