O Grupo Plural do Congreso, do que fai parte o BNG, xa está en marcha

Congreso dos Deputados (cedida)
A Mesa do Congreso dos Deputados vén de aprobar a formación do Grupo Parlamentario Plural, do que forma parte o deputado do Bloque Nacionalista Galego, e que permite a división do Grupo Mixto.o deputado nacionalista, Néstor Rego, será o portavoz adxunto. 

Deste xeito, o Grupo Parlamentario Plural queda configurado cos deputados e deputadas de Junts Per Cat, BNG, Más País-Equo, Coalición Canaria, Nueva Canarias, Compromís, Partido Regionalista de Cantabria (PRC) e Teruel Existe. 

A deputada de JxCat Laura Borràs queda designada como portavoz deste grupo e o deputado do BNG, Néstor Rego, será o portavoz adxunto. 

O Grupo Plural foi rexistrado a pasada sexta feira no Congreso, no límite de prazo imposto pola Mesa para presentar unha fórmula que tivera un mínimo de 15 deputados e deputados. Deste xeito, trátase dunha alianza estratéxica e feita con criterios de “operabilidade”.

As promotoreas deste novo Grupo Parlamentar Plural insistiron en que esta alianza non é ideolóxica e que só se constitúe "con criterios operativos": "O obxectivo deste grupo é garantir os dereitos de millóns de votantes e a operabilidade do traballo dos deputados e deputadas, así como da Cámara ", subliñan.