Morocho compareceu na comisión parlamentar sobre o financiamento irregular do PP, que reataba as súas actividades após 4 meses de parálise.
Interpelado por Carolina Bescansa (Unidos Podemos), dixo que "indiciariamente" Mariano Rajoy e anteriores secretarios xerais do PP receberon diñeiro negro das arcas do partido, produto da súa participación na trama Gürtel.
A perguntas de Óskar Matute (EH Bildu), o inspector xefe da Policía española declarou que, de acordo cos informes elaborados pola súa equipa, o asunto da Gürtel mostra que o PP "responde ao perfil dunha organización delictiva", embora, enfatizou, serán finalmente os xuíces os que "valoren e decidan" se esta avaliación corresponde á realidade.