Lugar e hora das concentracións a prol da unidade

O chamado de Suso de Toro -ao que se teñen unido nomes como Xosé Miranda, Vítor Vaqueiro ou Manolo Monge- é a saír á rúa o serán desta sexta feira para "presionar" os axentes políticos a que vaian xuntos o 20-D.

 

O lugar das concentracións é o seguinte:

A Coruña: Praza do Humor.

Vigo: Praza Princesa.

Ourense: Praza do Ferrol.

Pontevedra: Ferrería.

Santiago: Toural.

Lugo: Praza da Soedade.

Ferrol: Praza do Hino galego.

Pontedeume: Praza do Concello.

Todas serán entre as 20 e as 21.30 horas.