A Mesa do Congreso acorda reubicar Podemos
Aprobou por unanimidade recolocar o grupo parlamentar como reclamaban.
A Mesa do Congreso español acordou esta terza feira (9 de febreiro) por unanimidade reubicar Podemos no hemiciclo. Neste senso, a disposición dos escanos comezará desde abaixo o que permitirá ao voceiro do grupo, Pablo Iglesias, estar na primeira ringleira, xunto coas portavocías de PSOE, PP e Ciudadanos.
Iglesias sentará na primeira ringleira, igual que Sánchez, Rajoy e Rivera
Con esta decisión a formación lilá sairá do 'poleiro'. Un espazo que rexeitaron desde o comezo porque, dicían, restaba visibilidade aos "cinco millóns de persoas" que apoiaron Podemos co seu voto.
Segundo comunicou a vice-presidenta da Mesa do Parlamento español, Celia Villalobos (PP), as forzas que compoñen este órgao dera un período de tempo a Podemos para negociar cos demais partidos unha outra disposición que finalmente foi acordada.
Polo de agora descoñécese a posición que ocuparán as portavocías de En Comú Podem e En Marea que fan parte do grupo de Podemos.