OFICINA DE TRANSPARENCIA DA UE

A metade d@s eurodeputad@s teñen pluri-emprego

Entre todos os membros do Parlamento europeo suman até 18 millóns de euros á marxe do salario oficial, segundo a oficina de Transparencia Internacional da UE. Entre eles, os galegos Millán Mon e José Blanco.

 

O 53% d@s deputad@s europeos son pluri-empregad@s, segundo se tira das declaracións de actividades d@s 750 parlamentari@s publicadas por Transparencia Internacional da UE e recollidas por Diagonal. Segundo este estudo, o 53% dos membros do Euro-parlamento teñen actividades adicionais aos seus cargos. Entre tod@s ingresan entre 6 e 18 millóns de euros anuais por riba dos seus ingresos oficiais como deputad@s europe@s.

O que foi candidato do PP nas eleccións europeas de maio, Arias Cañete, recoñece 12 actividades extra-parlamentarias polas que ingresa entre 5.000 e 10.000 euros mensuais. Como lembra Diagonal, en total hai 5 deputad@s do Estado español (2 do PP, 2 de UPyD e 1 do PSOE) que gañan máis de mil euros mensais á marxe dos 8.000 euros brutos ao mes e á marxe das dietas.

D@s galeg@s destaca Pepe Blanco (PSOE), que ten 3 actividades extra-parlamentares polas que ingresa entre mil e cinco mil euros mensuais. Millán Mon recoñece só unha (que lle reporta até 500 euros mes).