Mobilizacións comarcais preludian a manifestación xuvenil do 24X

Na Coruña, Ourense, Vigo e Compostela desenvolvéronse senllos pasarrúas para chamar a mocidade a se mobilizar na véspera do Día da Patria.

 

A vindeira quinta feira (24 de xullo) a capital galega acollerá a segunda manifestación unitaria convocada polas organizacións xuvenís soberanistas. Baixo o lema 'A mocidade mantendo viva a Galiza. Independencia', Agir, AMI, Briga, Comités, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega e Xeira chaman a xuventude a se manifestar polo dereito ao traballo digno, a vivir na propia terra e a tomaren as rendas do seu futuro fronte "as agresións do capital, España e o patriarcado". 

Para axitar a mocidade, as organizacións convocantes desenvolveron senllos pasarrúas, pegadas e repartos polas cidades e vilas do país chamando a secundar a mobilización. Así aconteceu na Coruña, Ourense, Vigo e Compostela.