PODEMOS

O modelo de partido que defende Pablo Iglesias logra o apoio dun 80,7%

Votou o 54 por cento das máis de 205.000 persoas inscritas. Podemos terá un secretario xeral e un núcleo directivo elexido á súa medida.

 

Podemos será, política, organizativa e eticamente, o que se perfila nos documentos do coñecido como ‘Círculo Promotor’ (Pablo Iglesias, J.C. Monedero, Íñigo Errejón...), que recibiron o apoio do 80,7% fronte ao 12,3% das propostas do grupo de Pablo Echenique. Podemos terá así un secretario xeral, un núcleo de dirección elexido á súa proposta, un Consello Cidadá con líderes territoriais. Unha estrutura xerarquizada.

Das 205.750 persoas inscritas para votar no proceso exerceron este dereito 112.000, o 54% do censo. Unha abstención logo, de máis do 40 por cento.

Os documentos votáronse en bloque, contrariamente ao desexado polo grupo de Echenique, desde o que houbo críticas a que esta decisión se adoptase “no medio do partido”.

Agora, os rostros

Entre esta terza feira (28 de outubro) e o 5 de novembro ábrese a quenda para presentar candidaturas aos órganos de dirección e representación de Podemos. O 8 de novembro haberá un acto presencial cos e coas candidatas, aberto á participación a través de appgree e que se poderá seguir por streaming.

Do 10 ao 14 de novembro serán as votacións e o 15 daranse a coñecer os resultados: os nomes das persoas que levarán o leme de mando en Podemos.