O ‘modelo Pontevedra’ estará no foro global de Salzburgo

Pontevedra

Creado en 1947, pasaron por esta cita persoeiros como Kofi Annan, Hillary Clinton, asesores dos presidentes Kennedy, Carter ou Bill Clinton. Desenvolve actividades en máis de 160 países e conta con máis de 36.000 persoas traballando nas súas redes.

Pontevedra estará no Salzburg Global Seminar (SGS), “o foro de prescriptores mundiais máis potente no que nunca estivemos”, en palabras da concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías. Creado en 1947 por un grupo de ex-alumnos de Harvard coa misión “de desafiar aos lideres actuais e futuros para facer un mundo mellor”, pasaron por esta cita persoeiros como Kofi Annan, Hillary Clinton, asesores dos presidentes Kennedy, Carter ou Bill Clinton. Desenvolve actividades en máis de 160 países e conta con máis de 36.000 persoas traballando nas súas redes. O encontro desenvolverase do 6 ao 10 de marzo.

 

O alcalde Miguel Fernández Lores tomará parte no foro co fin de explicar como “fixemos para poñer en marcha un modelo como o de Pontevedra, que nos diferencia no mundo”. O alcalde -que viaxará a Salzsburg coa concelleira Anabel Gulías- intervirá o mércores, 7 de marzo, no seminario “How Mayors Can Take the Lead?” para falar da transformación de Pontevedra.

 

Único responsábel político no encontro

 

O único responsable político vai a estar no foro é o alcalde de Pontevedra que vai a compartir mesa co Jonathan Gill, responsábel de Unilever, a maior empresa de comunicación do mundo, con máis de 400 marcas vinculadas e que moveu, o pasado ano, un volume de negocio de 52.000 millóns de euros e con Sean Southey, director executivo e CEO de Media Impact que lidera numerosas campañas internacionais polo cambio global.

 

O día anterior á sesión de traballo, o alcalde participará nun encontro máis informal no que se someterá a preguntas das persoas asistentes sobre o modelo de cidade, unha cuestión para a que Fernández Lores ten unha resposta clara: “do que estou máis orgulloso e da percepción de que os pontevedreses e pontevedresas cada vez se senten máis orgullosos da súa cidade”.