Nós-UP chama a denunciar a ''natureza anti-democrática'' da 'Transición' co gallo do pasamento de Suárez

A formación considera preciso ''desmitificar'' a Adolfo Suárez no camiño de denunciar ''a continuidade do sistema mediante o tránsito do franquismo'' á monarquía.

O pasamento de Adolfo Suárez debe servir para avaliar a “monumental fraude” que supuxo a 'Transición española'. Nós-Unidade Popular considera necesario “desmitificar” a Suárez e combater a “mitoloxía oficial española” sobre ese período o o réxime resultante, a “II Restauración Borbónica”.

Para a formación independentista, Adolfo Suárez xogou un papel destacado para garantir o tránsito do franquismo á actual monarquía, impedindo unha verdadeira ruptura democrática. Mais ese papel non é só 'mérito' de Suárez, senón que tamén estiveron nesa aposta “destacados franquistas na procura dun lugar ao sol, PSOE e PCE”.

Daquela 'Transición', estes lodos, entende Nós-UP. Economía capitalista, “unidade da patria española”, negación dod ereito de auto-determinación, continuidade de persoas e aparatos xudiciais e policiais creados no franquismo... É neste punto que “contra a farsa constitucional española do 78”, Nós-UP anima a se involucrar na loita por “unha Galiza ceibe, socialista e feminista”.